jueves, 21 de diciembre de 2017

Nadal 2017

Este Nadal elaboramos na aula uns bonitos adornos navideños con piñas de piñeiro, témpera, purpuria e boliñas de cores. Para colocar as boliñas utilizamos pinzas o que nos permitiu traballar á motricidade fina.
Por outra banda, as nosas portadas dos traballos e as nosas bolsas para transportalos están inspiradas na figura de Rudolph, o reno da nariz vermella.
E tamén elaboramos unha bonita postal navideña simulando luces de cores estampando témpera cos nosos dedos.





















Mini proxecto sobre as familias

Coa chegada do Nadal, a nosa super mestra en prácticas Bea preparou un mini proxecto sobre as familias. Todos levamos á aula unha foto das nosas familias para presentarllas aos nosos compañeiros/as, e elaborar con todas elas unha bonita árbore de nadal reciclando tamén uns pratos de cartón.
Por outra banda limos o conto de "Unha chea de familias" para coñecer os tipos de familias. Traballamos en pequeno grupo para crear as nosas familias: tradicional , monoparental, extensa e homosexual. Os capitáns de 5 anos tiveron que organizar o traballo dentro de cada equipo, e entre todos decidir os membros de cada familia e buscar fotos en revistas para crealas.
Tamén vimos un corto moi bonito sobre o primeiro amor entre dous rapaces, e fixemos un puzzle cun fotograma da película.
Por último limos o conto "Con tango son tres"e clasificamos fotos das familias nos 4 tipos traballados.
Por último fixemos unha árbore de nadal con fotos das nosas familias en pratos de cartón decorados por nos.























Taller de repostería: galletas de Nadal

Esta semana elaboramos unhas deliciosas galletas de nadal na aula forma de boneco. Aquí vos deixo unhas imaxes do proceso de elaboración, así como a receita, por se alguén se anima a facelas na casa.