viernes, 8 de junio de 2012

Mandalas primaverais

Mandala, palabra sánscrita cuxo significado é "círculo", é unha representación simbólica e arquetípica do universo. Represéntase cun conxunto de figuras e formas xeométricas concéntricas.
O seu principal obxectivo é fomentar a concentración da enerxía nun só punto durante a meditación. Aínda que se utilizan dende tempos remotos en todas as civilizacións con diferentes manifestacións, foi no século pasado cando se utilizaron como debuxos terapéuticos. Debuxar  e pintar mandalas posibilita a concentración e a aprendizaxe; equilibra os hemisferios cerebrais; favorece o descanso e o sono; facilita a comunicación e potencia a creatividade; desenvolve os sentidos e a capacidade de percepción; fomenta a iniciativa persoal, e estimula a imaxinación favorecendo a libre expresión. A través do debuxo, da cor, o neno expresa o seu mundo interior, pensamentos, ideas, estados de ánimo e relacións co mundo dun modo cada vez máis complexo, dende os primeiros garabatos ás creacións artísticas máis abstractas e elaboradas, desenvolvendo con iso a súa psicomotricidade, e confirmando a súa estreita relación co desenvolvemento integral do neno.
A semana pasada rematamos os nosos mandalas primaverais, os fixemos con moito coidado para que quedasen moi bonitos. Esperamos que vos gusten!!!








 Nos seguintes enlaces podedes descargar mandalas:



2 comentarios:

  1. NOS ENCANTAN LAS MANDALAS!! HAREMOS MUCHAS EN VERANO PARA EXPRESR Y MEJORAR TODO LO QUE TENEMOS!! QUE COSAS TAN BUENAS SE TE OCURREN!!!!!!! MUCHAS GRACIAS!!!!!! EMMA Y SU FAMILIA

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar